domingo, 29 de abril de 2018

EXPERIMENTOS COA AUGA

Durante as primeiras semanas de abril estivemos facendo experimentos coa auga. Aprendemos que a auga non ten color nen sabor, que hai auga potable e auga non potable, que a auga exerce presión sobre os corpos,que cando lle aplicamos calor evapórase...
Pero sobre todo gozamos deste tipo de actividades que nos encantan.


sábado, 28 de abril de 2018

O VAGALUME

Aquí nos vedes concentrados e disfrutando dun obradoiro de plastina. Eleximos un dos animaliños que máis nos gustou e puxémonos mans á obra. Pouco a pouco, fomos ablandando a plastilina, facendo pequenas boliñas para as diferentes partes do corpo, poñendo anaquiños de palillo para fixar as partes e, nun último retoque puxemos as patas e as ás.


domingo, 15 de abril de 2018

SEGUIMOS PLANTANDO NO INVERNADOIRO

E outra vez baixamos ao invernadoiro. Esta vez para plantar remolachas e herbas aromáticas. Tamén aproveitamos para regar un pouco porque nos gusta andar coa agua.


martes, 3 de abril de 2018

RECITAMOS

En marzo estivemos traballando a poesía. Fixemos diferentes actividades arredor da poesía: lectura de poemas, ilustración de poemas, invención de poemas en grupo...
Por último, eleximos o poema que máis nos gustou dos que estivemos a traballar e recitámolo. O que máis éxito tivo foi un poema de Federico García Lorca.