xoves, 14 de decembro de 2017

A ERUPCIÓN DUN VOLCÁN

Seguimos cos experimentos, a mellor forma de despertar o interés pola ciencia.
Na clase vimos o resultado final, a simulación dunha erupción volcánica como produto dunha reacción química entre o vinagre e o bicarbonato sódico.
Observa atentamente no vídeo a maqueta  do volcán, un gran traballo de creatividade e paciencia. Grazas Borja e familia pola vosa colaboración.