xoves, 30 de novembro de 2017

CONTACONTOS 1

Dúas das colaboradoras da biblioteca empezan as súas prácticas de contacontos en primeiro.



xoves, 23 de novembro de 2017

EXPERIMENTANDO CO SON

Fixemos un polo Pepe con vasos e outros adornos . Pero como non piaba, a profe Eli ideou un truco utilizando os efectos da vibración dos materiais para que o noso polo falase.




mércores, 8 de novembro de 2017

EXPERIMENTANDO

Estivemos aprendendo diversos aspectos da saúde bucal e despois fixemos o noso primeiro experimento para saber como lle afectaban distintos alimentos ao esmalte dental.



venres, 3 de novembro de 2017

COLABORACIÓN FAMILIAS

A nai de Sofía contounos a tradición mexicana do Día de Defuntos . Falounos da decoración , das calaveritas (versos divertidos adicados a familia e amigos) e da gastronomía.