venres, 23 de febreiro de 2018

ANIMAIS INVERTEBRADOS

Despois de ler varios contos de animais diminutos picounos a curiosidade e animámonos a debuxar, a facelos en plastilina e a observalos no seu habitat.



FACEMOS XABÓN

Hoxe tivemos unha xornada especial. A nai de Daniel estivo toda a mañán con nós para elaborar un xabón artesán de aloe vera. Encantounos a actividade, estivemos do máis atentos e colaboramos ao máximo.



xoves, 22 de febreiro de 2018

CORPO HUMANO

Estamos a investigar e coñecer diferentes aspectos do corpo humano. Contamos con diferentes materiais: libros que aportaron as familias, radiografías, recortables, poster das partes do esqueleto e órganos e, moitos, moitos libros da biblioteca.
En fichas imos recollendo a información do que observamos, do que lemos, das medicións, etc.