venres, 1 de xuño de 2018

EXPERIMENTOS AIRE

Despois dos experimentos da auga pasamos a experimentar co aire. Descubrimos que o aire ocupa un espazo, que pesa, que pode mover obxectos...





luns, 21 de maio de 2018

O CATAVENTOS

Coñecemos a Mª Victoria Morenos a través dos seus contos. En esta ocasión teatralizamos o conto infantil  " O Cataventos ", texto narrado a modo de fábula que nos fala das consecuencias dun comportamento autoritario e egoista.



domingo, 20 de maio de 2018

O CANGREXO

Aquí nos tedes disfrutando coa canción " O cangrexo " de Susa Herrera. Moito nos gusta cantar e bailar !!!




domingo, 29 de abril de 2018

EXPERIMENTOS COA AUGA

Durante as primeiras semanas de abril estivemos facendo experimentos coa auga. Aprendemos que a auga non ten color nen sabor, que hai auga potable e auga non potable, que a auga exerce presión sobre os corpos,que cando lle aplicamos calor evapórase...
Pero sobre todo gozamos deste tipo de actividades que nos encantan.


sábado, 28 de abril de 2018

O VAGALUME

Aquí nos vedes concentrados e disfrutando dun obradoiro de plastina. Eleximos un dos animaliños que máis nos gustou e puxémonos mans á obra. Pouco a pouco, fomos ablandando a plastilina, facendo pequenas boliñas para as diferentes partes do corpo, poñendo anaquiños de palillo para fixar as partes e, nun último retoque puxemos as patas e as ás.


domingo, 15 de abril de 2018

SEGUIMOS PLANTANDO NO INVERNADOIRO

E outra vez baixamos ao invernadoiro. Esta vez para plantar remolachas e herbas aromáticas. Tamén aproveitamos para regar un pouco porque nos gusta andar coa agua.


martes, 3 de abril de 2018

RECITAMOS

En marzo estivemos traballando a poesía. Fixemos diferentes actividades arredor da poesía: lectura de poemas, ilustración de poemas, invención de poemas en grupo...
Por último, eleximos o poema que máis nos gustou dos que estivemos a traballar e recitámolo. O que máis éxito tivo foi un poema de Federico García Lorca.